Beo-Barizo-Punta Nariga mapa. |
Dal sito dell'Instituto Geografico Nacional si possono scaricare, ad uso turistico e personale, previa iscrizione, queste bellissime e dettagliatissime mappe, per tutta Spagna.
Il mio cammino per la costa della morte è iniziato da Malpica, e il primo giorno sono arrivata fino a Barizo, ai piedi di Punta Nariga.
O que sempre sorpréndeme da xente da Galicia, é a súa xenerosidade e amabilidade. Non sei, ou eu fun sempre moi afortunada, ou os galegos son todos así.
En Malpica, me fun como primeira cosa ao concello (Comune) para preguntar informacións sobre o recorrido da chamada e suposta "Ruta da costa da morte" e, aínda non exista ningunha guía, explicáronme todo o que sabían a voz, entregándome tamén uns folletos turísticos con números de interese.
Antes de empezar a andar, parei nun bar na praia maior de Malpica, a "recargar as pilas" cun café con leite, e o barista regaloume dúas magdalenas pola viaxe. De camiño, pasei por Beo, que ademais de ser unha aldea con encanto, ten una praia moi tranquila, ben reparada da forza do océano, de arena fina, e equipada con area de descanso.
Praia de Beo, con frecha azul indicadora da ruta da costa da morte. |
Beo, hórreo. |
Como saín moi tarde, a medio día, cheguei só ata Barizo, onde encontrei e me aloxei na casa turística Casa da Vasca, de Beni e Mary. De camiño, unha señora chamoume dende o seu xardín e preguntoume se por a caso non quería un xeado... fose Hortensia, un amable aboa. Sentada con ela no seu xardín, charlamos un pouco de Italia, que a encanta, e de Galicia, que encántame a min. Ofreceume de quedar na súa casa, mais como xa reservara a La Casa Vasca, tiven que rexeitar.
Foi bo así, porque o pasei moi ben con Mari e Beni. Inútil dicir como son... super amables, e a estanza alí foi unha marabilla, como en familia. É verdade, é así... non estou a resaltar, de verdade unha marabilla de xente. Mari esta implicada nun proxecto de axuda por Nicaragua, en memoria dunha amiga que faleceu, montaron unha ONG e comprométese en organizar actividades para recoller diñeiro e envialo a Nicaragua para dar de que comer a mais de 400 persoas. Allì comprei dúas pulseiras de coiro que venden para Nicaragua, un regalo con sentido. Entre unha charla e a outra, invitoume a unha coca cola e un café con leite, sen falar de que me deu todo o necesario para lavar a miña roupa a man. Beni explicoume moi ben o percorrido que facer o día seguinte por pasar mais pegada á costa posible, ese home coñece todo palmo a palmo. Levoume ata Punta Nariga onde hai un faro excepcional, esta construído en forma de barco con bloques de granito, e venceu tamén un premio de arquitectura.
O faro de punta Nariga. |
Percebeira. |
Eu cando vexo xente, no resisto á tentación de falar un rato e preguntar, e aquí aos pes dos faro, encontrei unha muller percebeira, creo a primeira muller percebeira que nunca vin. Fan un traballo moi arriesgado, para dar de comer algo de luxo, e me pregunto se merece a pena, si é xusto que persoas teñan, por necesidade, que poñer en peligro as súas vida, para algo que, anque riquisimo, no tempos no que vivimos, non é indispensable para o noso sustentamento.
Percebeiros. |
De punta Nariga, empecei a baixar ata coller á dereita o segundo camiño... que tería tido que seguir á esquerda, mais esquecéndoseme as precisas explicacións de Beni, rematei onde non tenia que ir... por un camiño de pescadores moi moi estreito, sobre acantilados... ben, estou aínda aquí a contar, entón foime ben.
Esculturas naturais nas rochas. |
Con tanta fermosura que esta costa ten, non debería chegar alguén de afora para proxectar una ruta polas beiras do océano, debería, como é patrimonio da xente que por aquí vive, nacer no sei da Costa da Morte. Eu, estranxeira (o galega adoptada...), que veño de fora, atopei xente, particulares, moi competente no coñecemento dos sendeiros e do territorio, que sabe mais de calquera entidade o andarín que se profesa experto. Animarvos por favor!!
Nessun commento:
Posta un commento