martedì 21 maggio 2013

S.O.S. Galiza: NON Á MINERÍA



Galicia sold to multinational companies for the extraction of a truckload of gold!!
Polluted and scarred forever by the cyanide and arsenic, and devastation of forests burned to the ground, huge craters, dynamite explosions, destruction of flora and fauna, diseases for water contamination over generations ... all for the profit of a few. These the development plans and trade relations with other countries by the autonomous government.
Not all can be justified in the name of crises. We aren't fools.
Intended to be an open pit mine, "
goodbye rivers, goodbye sources, small streams goodbye ... goodbye forever goodbye" ... really. Can not be allowed, NO!!

Galizia venduta alle multinazionali per l'estrazione di un camion di oro!!
Inquinata e deturpata per sempre dal cianuro e dall'arsenico, devastazione e boschi rasi al suolo, immensi crateri, esplosioni di dinamite, distruzione di flora e fauna, malattie per contaminazione delle acque per generazioni... il tutto per il profitto di pochi. Questi i piani di sviluppo e relazioni commerciali con l'estero del governo autonomo.

Non se pode xustificar todo no nome da crises. Non somos parvos.
Destinada a ser unha mina a ceo aberto, "adiòs rios, adiòs fontes, adiòs regatos pequenos...adios para sempre adios"... de verdade. Non se pode permitir, NON!!

domenica 16 ottobre 2011

Polo seo de Fisterra

Agardei bastante tempo escribir deste sitio, mais agora que os días xa pasan mais rápidos, e despois de ter recorrido ao longo e ao largo moitos recunchos, podo quizais permitirme contar o que visitei por aquí.

Non podo dicir que é o único sitio así por Galicia, porque non coñecín toda Galicia...aínda, mais do que coñecín ata agora, é sen dubida o lugar con mais concentración de preciosidades da Natureza que nunca vin.
Para situarnos... falamos da ría de Corcubión e do que é o seo de Fisterra, que atópanse na Costa da Morte:
Seo de Fisterra (IGN).

O ideal para desfrutar da zona, é ter uns días, un mapa, ou aínda mellor unha moi boa amistade, e deixarse levar polas ganas de descubrir.
Entre o mais coñecido, hai recunchos escondidos á maioría dos peregrinos, camiñantes, turistas que van de presa.

Empezando dende sur a norte, pola carreteira costeira, atopamos Carnota, co seu hórreo enorme, que dixen ser o máis grande de Galicia , a súa praia,

Praia de Carnota.
Horreo de Carnota.









e Boca do Rio, onde é moi perigoso bañarse cando baixa a marea polas moi fortes correntes do rio e do océano que atrasan ata alta mar. Boca do rio, ao atardecer, parece un lugar de soño, de outro mundo.


Porto de O Pindo.
O Pindo é un pequeno pobo de pescadores, con un porto que encántame. Detrás da igrexa, un pouco escondido, atopamos un dos roteiros que saen ao monte Pindo, bastante duro e empinado, con moitas rocas, mais encantador. Consellan non saír so, si hai néboa, si hai chuvia porque é moi fácil escorregarse nas pedras. Si se sae polo verán ao Pindo, consello levar moita auga (3 litros cada persoa).





Igrexa de O Pindo, onde detras atopase o comenzo do roteiro.
Comenzo do roteiro do Pindo.







 







Fervenza de Ezaro.
Outro acceso ao Pindo, lo temos dende O Fieiro. Podemos chegar dende Ézaro (sin non botar unha ollada á fermosa fervenza, única no mundo por ter que a auga doce do río Xallas caia directamente na auga salgada do océano) saíndo ata o encoro, pasando o ponte e seguir ata o aparcamento. Dende aquí, pódese chegar á Moa en dúas horas, e a ascensión é mais suave.


Roteiro para saír á Moa dende O Fieiro.
A Moa.













Dende a Moa, hai unha vista impresionante de todo o seo de Fisterra. O monte Pindo merece unha entrada a parte, así que mais detalles outra vez...
Vista do seo de Fisterra dende A Moa.

Ézaro tamén ten unha praia boisima, moi tranquila e protexida das correntes.

Seguindo pola carreteira da costa, pasamos por Ameixenda, poco antes de Brens. Aqui, baixando por un camiño ata o mar, podemos ver o Castelo do Principe. É unha pena que sexa propriedade particular e non pódese visitar por dentro. Conta a lenda que un tempo había unha cadea tensa por debaixo das augas do océano entre isto castelo e o que queda de fronte ao outro lado da ría, o do Cardeal, para defender a ría dos ataques de barcos non desexados.
Castelo do Principe, Ameixenda.
Ameixenda.








Despois da vila de Cee, chegamos a Corcubión. Merece a pena perderse andando entre as rúas escondidas do pobo, os camiños estreitos entre os muros, as casas antigas de pedras, os paseos pola ria e polo monte.
Corcubión.
Polas rúas de Corcubión.












Ao saír de Corcubión en dirección Fisterra, hai que coller  á esquerda a carreteira do cemiterio, que nos levará, pasando polo castelo do Cardeal, ata Cabo Cee, onde podemos atopar o pequeno Faro, con vista ás illas Lobeiras (por la cales no verano hai posibilidade de ir en barco).

Castelo do Cardeal, co Pindo no fondo.
Faro cabo Cee.

Seguindo unha ruta circular, entre leves subidas e baixadas, chegamos á aldea de Redonda, co seus hórreos e a igrexa Románica
Hórreo en Redonda.
Millo no hórreo.

Igrexa de Redonda.











Collendo a pista asfaltada que sae á igrexa, á mano dereita, xusto despois da ultima finca, atopase un camiño que entra no bosque e nos conduce á Cabo da Nasa, onde hai que ter moito coidado con un acantilado a pico tremendo.Quizais é isto o que atráeme do océano de Galicia... a natureza ao estado puro, as rocas, o resgo, o carácter do océano... que pode estar quieto o volverse tremendamente bravo. Sinto grande respecto por esa natureza que permitiume entrar nela e ensinoume os recunchos mais humildes e espectaculares.

Cabo da Nasa.
Cabo da Nasa.




O monte Pindo dende cabo da Nasa, ao atardecer.




















Ore contemplando la immensa presenza dell'oceano, e mai stanca. Confidente di molti pensieri, compagno con cui ho condiviso tante esperienze, rifugio, mistero, avventura, spazi infiniti.
Non ho altre parole per esprimermi in italiano in queso post. Nella memoria, il suono delle onde sugli scogli, i gabbiani, i silenzi e le parole condivise con chi mi ha accompagnato, con chi ha saputo cogliere il momento.

"No es la última ola con su salado peso
la que tritura costas y produce
la paz de arena que rodea el mundo:
es el central volumen de la fuerza,
la potencia extendida de las aguas,
la inmóvil soledad llena de vidas.
Tiempo, tal vez, o copa acumulada
de todo movimiento, unidad pura
que no selló la muerte, verde víscera
de la totalidad abrasadora."
(Pablo Neruda, dende "El gran Oceano")

E il viaggio, finisce, anche questa volta, a Finisterre:
Fin do Camiño, Fisterre.


lunedì 5 settembre 2011

San Andres de Teixido, Covas e a Ria de Ferrol


"Quen non vai de vivo, vai de morto"

E' este o refrán que cada galego coñece e formula cando se fala do santuario de San Andrés de Teixido. Di a lenda, que cada galego antes o despois ten que visitar ese santuario, e se non o fa cando esta en vida, o fará despois, de morto, pero en forma de lombriga, ou de araña, ou outros bichos... coidando que nade o pise. Por iso, quen sube ao santuario, ten que ter coidado e mirar ben onde pon os pes, nunca sexa que vaia pisando "alguén"!

Isto merece unha tradución así tal como é...

"Chi non va da vivo, va da morto".

E' questo il detto che ogni galiziano conosce e formula quando si parla del santuario di Sant'Andrea di Teixido. Dice la leggenda che ogni galiziano prima o poi deve visitare quel santuario, e se non lo fa quando è in vita, lo farò dopo, da morto, però sotto forma di lombrico, o ragno, o un altro insetto... facendo attenzione che nessuno lo calpesti. Per questo, chi sale al santuario, deve fare attenzione e guardare bene dove mette i piedi, non sia mai che pesti "qualcuno"!

Eu non sabia de toda a romeria que hai que facer na peregrinación a San Andrés, digamos que mais o menos atopei a ruta e o santuario un pouco a caso, porque tenia escoitado ese refrán centos de veces e porque me atraia ver os acantilados mais altos de Europa, que xusto están alí preto:
O magnifico paisaxe ao acabar o camino vello por San Andrés.

Relacionados coa devoción e a tradición do santuario, son os sanandresiños, maquetas-amuletos realizadas con miga de pan, e cada forma tiene su significado:
  • La Mano: pide por el amor las buenas compañías y la amistad
  • El Pez: por el trabajo y el sustento
  • La Barca: para los viajes la casa y los negocios
  • El Santo: por la salud física y mental y la buena convivencia.
  • El Pensamiento: por los estudios, las pruebas y el buen sentido. Es de gran eficacia contra envidias y maleficios
Mis "sanandresiños", migas de pan de San Andrés de Teixido.










Encántanme estas lendas, que se resisten á imposición do catolicismo ou doutra calquera relixión, que se resisten ao paso do tempo e á globalización. Son graciosas, e ademais... din que na sabedoría dun tempo, nos contos e nas lendas populares, sempre hai algo de verdade...

Na ruta de San Andrés de Teixido, atopase Covas. E' un pobo da provincia de A Coruña, preto de Ferrol e a súa ria. Alí, hai un grupo de voluntarios que coidan a ruta e un albergue para camiñantes ou peregrinos, ao estilo dos albergues do camino de Santiago. A acollida é superfantastica, moi familiar, moitas atencións aos viaxeiros. Sempre acordareime de Suso e dos outros voluntarios.
Merece a pena gastar un dia mais, antes de empezar o Camiño Inglés, para facer a ruta de 24 km mais o menos que da a volta de Covas, por costa e monte, ata chegar a Ferrol pola ria, con os seus castelos.
 


A ruta rematase ao chegar à Ferrol, pasando por detrás da base naval da Marina de guerra Española, ata chegar ao porto pasando por un ponte peonil moderno.
Dende o porto, empeza o Camiño Inglés de Santiago.

sabato 3 settembre 2011

A Guarda e o castro de Santa Tegra

Saín de Tui andando pola beira do rio Mino. Baixando dende o albergue dos peregrinos (Tui atopase no camino de Santiago Portugués) ata o rio, hai un bonito paseo fluvial, ata chegar ao ponte internacional (que colega Tui co Valença do Mino, xa en Portugal), onde hai que saír á carreteira nacional e logo coller os primeiros camiños que volven outra vez as beiras, pra cortar o ruído e o perigo do trafico.

Cheguei á A Guarda (na provincia de Pontevedra) pola tarde. A primeira preocupación, fun atopar ese castro de que lin polo Internet, aínda antes de buscar un aloxamento, tanta foran as ganas e curiosidade que tiven. Non sabia antes o que era un castro, nunca vin outro. Pra chegar, hai que subir polo monte de Santa Tegra (Tecla, en castelán), hai un ataque por el bosque bastante claro, que sube moito, mais rápido. A fatiga coa mochila posta é tanta, mais a vista bonita.
Dende o monte de Santa Tegra.
Un castro, è un antico insediamento di epoca pre romanica, un villaggio quasi sempre protetto da mura circondariali, eretto dalla popolazione autoctona prima appunto dell'invasione romana. All'interno del castro erano edificate, addossate l'una alle altre, delle abitazioni essenziali, dai muri di pietre e il tetto probabilmente in paglia, di solito di forma circolare con un'unica porta e una specie di piccola anticamera, ognuna col suo focolare. Esiste all'interno del castro, anche una edificazione a pianta rettangolare. Si suppone che all'esterno della fortificazione ci fossero orti, che gli abitanti andassero a caccia e a pesca.

La piccola anticamera.
L'edificazione rettangolare.








Quen sabe que era vivir alí... como vivían as persoas. Pasear polas casiñas, faceime imaxinar que por onde eu levaba os meus pasos, fai centenas de anos, outras persoas vivían a súas vidas quizais dun xeito tan diferente do noso agora. Seguro que vivían con pouco, e as preocupacións quizais eran mais para chegar vivos ao fin do día e coa barriga mais o menos cheas. Quen sabe si eran solidarios entre eles e xustos, o se tamén no seus tempos había quen mandaba e quen era sometido. Polos estreitos camino entre as edificacións, correan nenos xogando? Saian as madres na porta das casas pra botarlle unha ollada? Habían festas, e nelas, tocaban músicos e xa había algo parecido á gaita, á pandeireta?
Onde había o lume na casa.

Reconstrución dunha casa.
E' curioso ver como os antepasados sempre buscaban o alto dun monte para asentarse: a lóxica di que fora porque tenian a vista sobre moita terra e podían ver con antelación a chegada de calquera; ademais polos antigos o alto sempre esta relacionado co sagrado. Mais o menos o mesmo que nos pasa ao subir un monte, e ter a vista, dende a cima, de magníficos paisaxes. A fatiga esta recompensada!

Baixando, seguín cara á océano, e atopei o museo do mar, no paseo marítimo:
Atalaia, paseo maritmo, A Guarda.

Paseo marítimo nas aforas da A Guarda.


venerdì 2 settembre 2011

A "proba" que tamén Rosalia era "Galitaliana" nos Cantares Gallegos...

Fai dos días, retomei nas mans o libro dos Cantares Gallegos, que non acabei, e relendo, dinme conta do que Rosalía de Castro, no prologo aos Cantares Galegos, dicía, arredor do 1860, da súa Galicia, defendendo con decisión a beleza dos espazos naturais e a identidade do pobo:

"[...] eu non podo menos de indignarme cando os fillos desas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non na belleza dos campos, búlranse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto á man de Dios.      
Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos anque sempre hermosos como os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e admiran pola súa xigantesca e xorda cólera.... mares imensos... ¿Que direi mais? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía...[...]"
O xardín da casa de Rosalía de Castro, Padrón.
Foi ver a súa casa o ano pasado, en xuño, cando acabei mi camino polas rias Baixas, antes de volver á Santiago.
Ter visto que ela compara a beleza de Galicia coa de Italia, fai mais de un século, éncheme o corazón aínda mais de respecto para ela, agradecemento, e fame sentir unha vez mais Galicia un pouquiño como se fora a miña terra.
Un detalle da casa.
Iria Flavia.









Rosalia de Castro è forse la poetessa più conosciuta e amata, e probabilmente la più grande, di Galizia. Ha scritto le prime sue opere in galiziano, difendendo la sua lingua e l'identità del suo popolo in un tempo in cui la Galizia e i galiziani erano guardati dal resto di Spagna con un certo grado di snob (senza alcuna ragione, come spiega fra l'altro Rosalía). La forza, il temperamento, il coraggio con cui lei scrive mi sorprendono, pensando che era una donna e che scriveva a fine '800. Ci teneva a scrivere in galiziano, chiedendo perdono ai puristi della lingua per gli errori grammaticali da lei commessa "senza grammatica e regole di nessun tipo, il lettore incontrerà molte volte mancanza di ortografia, versi dissonanti all'orecchio di un purista; [...] misi la maggior attenzione nel riprodurre la vera essenza del nostro popolo, e penso que in parte ci sono riuscita ". Era la lingua con cui la gente comune si esprimeva e comunicava, e quindi rappresentativa di una identità popolare, più di un trattato di filologia.

Síntome bastante próxima ao sentimento que empuxa Rosalía cando fala da súa terra:

"[...]unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares. Á poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doces sonrisiñas, mormuxando unhas veces cos ventos misteriosos dos bosques, brilando outras co raio de sol que cai sereniño por enriba das auguas dun río farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un esprito subrime e cristaíño, si así o podemos decir; unha inspiración fecunda como a vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra; e, sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, para dar a conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo raio de hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo [...]"

Aquí os deixo unha canción de Amancio Prada, coas palabras da poesía de Rosalía. Outro estilo, o sentimento romántico,  lo cal quizais agora, que todos vamos de presa e que estamos gobernados pola globalización, o mercado libre, nos parece tan afastado da nosa maneira de vivir as cousas e as relacións co que temos arredor...




mercoledì 24 agosto 2011

De cando Galicia chegou a Italia...

Por todas as veces que me fun a Galicia, como podía eu non achegarme á ela cando veniu por aquí? Foi ao Festival Celta de Montelago, no altiplano de Colfiorito (Taverne di Serravalle di Chienti, provincia de Macerata, Italia) o festival celta mais grande e importante de Italia.
Altoplano de Montelago
O palco do festival








Galicia levou a súa musica coa voz da gaita, dun saxo e do acordeón, mais a guitarra, o baixo, o ritmo da batería. Viñeron por aquí os músicos do quinteto Bellon-Maceiras, de Fene.
Bellon-Maceiras quinteto no festival de Montelago, Italia.

A min encántame a gaita (galega) e a musica tradicional galega, e sempre vou buscando a por ela. Oín falar de Daniel e Diego no programa de Pilar Rego na Galega, Alalá. "A gaita chega lonxe", din Daniel nun vídeo gravado en Moscova. O quinteto e, antes desa nova formación, o dúo, foron toucando por moitas partes no mundo. Eles dan unha voz nova aos instrumentos tradicionais, o estilo de musica que tocan pode chamarse como o seus novo disco, folkfusión. Escriben por si mesmos a musica de moitas pezas que tocan, outras pezas son da tradición galega e do mundo, personalizadas e revisadas de xeito novo.
"Son dos auténticos cracks da musica", di Pilar Rego, profesores e emprendedores de si mesmos, xunto cos outros compoñentes do grupo, dan clases de musica na escola que montaron xuntos en Fene, mais Daniel en Madrid tamén.

Escoitando a musica no concerto de Montelago, tiven a impresión, me perdoe Daniel si digo algo de no musicalmente correcto, ... que a gaita transformarase nun saxo, tocada dun xeito que nunca oín antes. El toca tamén o saxo si, pero falo de cando tocaba a gaita... unha gaita tocando non so a ritmos de muiñeiras mais de jazz, de fusión, nunha veste nova. Unha gaita de buxo co punteiro de granadillo, explicoume para que a afinación sexa mais precisa. Din que un gaiteiro pasa a metade da súa vida musical intentando afinar a gaita, e a outra metade tocando desafinado. Quizais iso pasaba mais un tempo. Agora hai obradoiros de artesáns gaiteiros que traballan moi ben e estudan sempre como mellorar e perfeccionar os elementos da gaita. Vin un punteiro de mas pezas tamén, para que se poda afinar aínda mellor, sen arranxando de continuo a palleta.

La gaita è una parente delle nostre zampogne, delle cornamuse scozzesi e irlandesi, della gaita asturiana, delle cornamuse francesi e delle gaite catalane, sanabresi, aragonesi, etc. In forme diverse e con caratteristiche leggermente diverse, è diffusa in molte parti del mondo, dai Paesi arabi, ai Paesi dell'est, all'Europa. E' costituita da vari elementi sonori come si vede dall'immagine sopra, ad ancia doppia il punteiro, con circa una nona d'estensione, ad ancia semplice il roncone, e in alcuni modelli è presente anche il ronquillo. Il "modello base" è costituito da punteiro e roncon, ma con la ronqueta il suono è più rotondo e pieno, completo.

Diego toca o acordeón, un acordeón cromático de botóns, e aquí sae un pouco de orgullo nacional, polo pouco de bo que aínda, cos produtos artesáns, resiste ala destrución da política e do mercado global na mina terra... é un acordeón  italiano!! Totalmente versátil co instrumento, tamén o foi falando ao publico italiano con palabras italianas e en galego, enganchando pouco a pouco, coa mestría da musica e a simpatía falando, o publico.

O acompañamento da guitarra, as vibracións do baixo, o ritmo da batería, permitiron unha fusión verdadeira de todos os instrumentos, para unha inmersión total na musica procedente de Galiza, e viaxeira polo mundo enteiro.

Foi unha gran emoción para mi encontrar cara a cara Daniel e Diego, escoitar todo o grupo dende o vivo, intercambiar unhas palabras con eles, levarme algo de Galicia para casa... o regalo do CD folkfusión, que nunca cánsome escoitar. A próxima vez, por Galicia? Espero...




sabato 30 luglio 2011

Dende a terra dos xigantes... ao museo a ceo aberto.

Non planeo demasiado cando saio de viaxe, sobre todo si é andando, e soa. Nunca se pode saber o que  se vai encontrando. E todo así é unha descuberta e unha marabilla. Ao saír para empeza-la  viaxe pola costa da morte, so tiña clara dúas cousas: a primeira era "visitar a Man" en Camelle, a través do que queda da súa obra, e a segunda era pasar por Corcubión a atopar un amigo, uns amigos, mais disto falarei noutra entrada...
Igrexia de S. Maria de Atalaia, Laxe.
Laxe é un pobo mariñeiro.










Deixei Laxe, a súa fermosa praia de arena branca e fina, o seu porto mariñeiro, pola mañá cediño, en dirección á capela da Virxe do Carme, subindo.
Capela da Virxe do Carme, arriba polo monte, abaixo da lua, Laxe.
Facía frío, co vento e ceo anubrado. Acórdome que agradecín iso, porque gústame mais andar co frescor, e sobre todo si estou cansa. O vento é un alivio, o vento afasta de nos cousas vellas e leva cousas novas; o vento é forza, impulsividade, perseveranza e chega á calquera lugar, aínda lonxe. O vento déixate desexar e apreciar un lugar seguro onde parar e buscar repouso.

Horreo, camino de Laxe a Camelle.
Soa co vento.
  "Wind in my hair, I feel part of everywhere
underneath my being is a road that disappeared
late at night I hear the trees
they're singing with the dead
overhead..." 
Garanteed, Eddie Weber,  
BSO Hacia rutas selvajes



Agradeceu tanto, que mandáronme aínda a chuvia a refrescarme :), chegada á praia de Traba.
Seguindo polo camiño, chegase á lagoa de Mórdomo, onde me din conta e acórdome que pensei que se nos queixamos porque "chovía de carallo", hai seriños que cantan pola felicidade de estar no húmido, as ras. 
Praia de Traba.










Seguindo "singing in the rain", cheguei á un sitio incrible, que renomeei a terra dos xigantes: pedras, que digo pedras, megálitos enormes por todas partes, so roca, ni un fío de herba, e de cores inusitadas, rosa. Non se coñecía a presencia do home, se non fora polos sucos no granito polos carros que por anos transportaron as algas, o feo oceánico utilizado, antes de ser comido como se fai agora que se coñecen as propiedades, por enriquecer o terreo das hortas da xente que vivía preto do océano.




Le alghe dell'oceano atlantico delle coste della Galizia sono ricchissime di tante proprietà. Contengono iodio, sali minerali, vitamine del gruppo B, proteine, sono un ottimo alimento integratore di proteine per chi è vegetariano, e a parte l'essicazione, non subiscono nessun altro tipo di trattamento, non contengono conservanti, hanno proprietà antiossidanti.

Arrivata qui, ho pensato a Man, e a quello che avevo visto di lui, delle sue sculture con le pietre, alla sua storia. Man, Manfred, era un uomo che durante un viaggio si è talmente innamorato della purezza dei paesaggi della Galizia e della costa della morte, che ha deciso di fermarsi lì. Ha vissuto in essenzialità, distaccato dalle cose del mondo, cosciente di essere parte di un tutto, riconoscendo le bellezze della natura e le vere gioie della vita, comunicando attraverso le sue costruzioni di pietra, rimanendo nei cuori di quanti lo hanno conosciuto. La gente di Camelle lo ama e lo ricorda con affetto. Morì pochi giorni dopo che il petrolio riversato dal Prestige arrivò alla sua Camelle, si dice per l'immenso dispiacere causatogli da questo disastro ecologico immane.
Man deixo a pegada do seu corpo no cemento do molo.
Escriben de Man e de seu museo os amigos de Galinus e Que pasa na Costa, falando dos espectaculares recunchos da costa da morte. E' unha pena que o concello de Camelle e ninguén se ocupe de protexer estas obras de arte, estragadas cada día mais polo océano. Aquí vos pono unhas fotos miñas do museo a ceo aberto:
A casita de Man e parte das súas obras.


Todo esta moi preto do océano, e das súas olas.


Falando coas palilleiras de Camelle, as señoras que se encontran cada tardes preto do Museo coas fotos e pinturas sobre Man, dinme conta de que foi amado pola xente, aínda que a alguén lle parecía un pouco raro. Cando estaremos capaces de mirar máis alá das aparencias? De mirar non só cos ollos?






Le palilleiras sono le signore che ricamano con i palillos, i paletti, un tipo di ricamo che in Galizia, per la costa della morte, è tipico, e si chiama encaxe (il nostro tombolo). Sono di una abilità impressionante!! Veloci, precise, e simpaticissime. Inserisco qui un video che col loro permesso ho registrato.

A alegría, o sentido da comunidade e de axudarse entre as persoas, é algo que esta en resgo de extinción. Hai que aprender moito das aboas...