domenica 16 ottobre 2011

Polo seo de Fisterra

Agardei bastante tempo escribir deste sitio, mais agora que os días xa pasan mais rápidos, e despois de ter recorrido ao longo e ao largo moitos recunchos, podo quizais permitirme contar o que visitei por aquí.

Non podo dicir que é o único sitio así por Galicia, porque non coñecín toda Galicia... aínda, mais do que coñecín ata agora, é sen dubida o lugar con mais concentración de preciosidades da Natureza que nunca vin.
Para situarnos... falamos da ría de Corcubión e do que é o seo de Fisterra, que atópanse na Costa da Morte:
Seo de Fisterra (IGN).

O ideal para desfrutar da zona, é ter uns días, un mapa, ou aínda mellor unha moi boa amistade, e deixarse levar polas ganas de descubrir.
Entre o mais coñecido, hai recunchos escondidos á maioría dos peregrinos, camiñantes, turistas que van de presa.

Empezando dende sur a norte, pola carreteira costeira, atopamos Carnota, co seu hórreo enorme, que din ser o máis grande de Galicia , a súa praia,

Praia de Carnota.
Horreo de Carnota.









e Boca do Rio, onde é moi perigoso bañarse cando baixa a marea polas moi fortes correntes do rio e do océano que atrasan ata alta mar. Boca do rio, ao atardecer, parece un lugar de soño, de outro mundo.


Porto de O Pindo.
O Pindo é un pequeno pobo de pescadores, con un porto que encántame. Detrás da igrexa, un pouco escondido, atopamos un dos roteiros que saen ao monte Pindo, bastante duro e empinado, con moitas rocas, mais encantador. Consellan non saír so, si hai néboa, si hai chuvia porque é moi fácil escorregarse nas pedras. Si se sae polo verán ao Pindo, consello levar moita auga (3 litros cada persoa).





Igrexa de O Pindo, onde detras atopase o comenzo do roteiro.
Comenzo do roteiro do Pindo.







 







Fervenza de Ezaro.
Outro acceso ao Pindo, lo temos dende O Fieiro. Podemos chegar dende Ézaro (sin non botar unha ollada á fermosa fervenza, única no mundo por ter que a auga doce do río Xallas caia directamente na auga salgada do océano) saíndo ata o encoro, pasando o ponte e seguir ata o aparcamento. Dende aquí, pódese chegar á Moa en dúas horas, e a ascensión é mais suave.


Roteiro para saír á Moa dende O Fieiro.
A Moa.













Dende a Moa, hai unha vista impresionante de todo o seo de Fisterra. O monte Pindo merece unha entrada a parte, así que mais detalles outra vez...
Vista do seo de Fisterra dende A Moa.

Ézaro tamén ten unha praia boisima, moi tranquila e protexida das correntes.

Seguindo pola carreteira da costa, pasamos por Ameixenda, poco antes de Brens. Aqui, baixando por un camiño ata o mar, podemos ver o Castelo do Principe. É unha pena que sexa propriedade particular e non pódese visitar por dentro. Din que un tempo había unha cadea tensa por debaixo das augas do océano entre isto castelo e o que queda de fronte ao outro lado da ría, o do Cardeal, para defender a ría dos ataques de barcos non desexados.
Castelo do Principe, Ameixenda.
Ameixenda.








Despois da vila de Cee, chegamos a Corcubión. Merece a pena perderse andando entre as rúas escondidas do pobo, os camiños estreitos entre os muros, as casas antigas de pedras, os paseos pola ria e polo monte.
Corcubión.
Polas rúas de Corcubión.












Ao saír de Corcubión en dirección Fisterra, hai que coller  á esquerda a carreteira do cemiterio, que nos levará, pasando polo castelo do Cardeal, ata Cabo Cee, onde podemos atopar o pequeno Faro, con vista ás illas Lobeiras (por la cales no verano hai posibilidade de ir en barco).

Castelo do Cardeal, co Pindo no fondo.
Faro cabo Cee.

Seguindo unha ruta circular, entre leves subidas e baixadas, chegamos á aldea de Redonda, co seus hórreos e a igrexa Románica
Hórreo en Redonda.
Millo no hórreo.

Igrexa de Redonda.











Collendo a pista asfaltada que sae á igrexa, á mano dereita, xusto despois da ultima finca, atopase un camiño que entra no bosque e nos conduce á Cabo da Nasa, onde hai que ter moito coidado con un acantilado a pico tremendo.Quizais é isto o que atráeme do océano de Galicia... a natureza ao estado puro, as rocas, o resgo, o carácter do océano... que pode estar quieto o volverse tremendamente bravo. Sinto grande respecto por esa natureza que permitiume entrar nela e ensinoume os recunchos mais humildes e espectaculares.

Cabo da Nasa.
Cabo da Nasa.




O monte Pindo dende cabo da Nasa, ao atardecer.




















Ore contemplando la immensa presenza dell'oceano, e mai stanca. Confidente di molti pensieri, compagno con cui ho condiviso tante esperienze, rifugio, mistero, avventura, spazi infiniti.
Non ho altre parole per esprimermi in italiano in queso post. Nella memoria, il suono delle onde sugli scogli, i gabbiani, i silenzi e le parole condivise con chi mi ha accompagnato, con chi ha saputo cogliere il momento.

"No es la última ola con su salado peso
la que tritura costas y produce
la paz de arena que rodea el mundo:
es el central volumen de la fuerza,
la potencia extendida de las aguas,
la inmóvil soledad llena de vidas.
Tiempo, tal vez, o copa acumulada
de todo movimiento, unidad pura
que no selló la muerte, verde víscera
de la totalidad abrasadora."
(Pablo Neruda, dende "El gran Oceano")

E il viaggio, finisce, anche questa volta, a Finisterre:
Fin do Camiño, Fisterre.


2 commenti:

Ezaroenfotos.blogspot.com ha detto...

Chiara,mostras mas coñecementos da nosa terra que muitos dos habitantes de por aquí.Hay xente dos pobos que están nos alrededores do Monte Pindo e nunca subiron a Moa!.
As fotos que tes gústanme muito.Unha en concreto,porque é donde eu vivo,e a que fixestes do Ezaro.Mira que teño feito fotos do lugar e nunca me parei a enfocala desde donde o fixestes tí:esa rocha apunta directamente o pobo e o espectador non lle queda mais remediio que seguir o camiño visual que ti lle marcas.
Noraboa,continuarei vendo este blog interesantísimo

Chiara ha detto...

Moitas grazas Juan :)... Parecese un pouco unha metáfora non? As cousas están alí, antes, durante e despois do home... aparentemente sen significado ningún, e pra tomar un significado, ten que existir alguén que le olle, dende o seu propio punto de vista... e nace a variedade dos diferentes puntos de vista, das mesmas e idénticas cousas.
Eu non fixen nada, esas marabillas están alí,mudas, fixéronse por si mesmas e resisten á o home nos tempos...