"[...] eu non podo menos de indignarme cando os fillos desas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non na belleza dos campos, búlranse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto á man de Dios.
Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos anque sempre hermosos como os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e admiran pola súa xigantesca e xorda cólera.... mares imensos... ¿Que direi mais? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía...[...]"
O xardín da casa de Rosalía de Castro, Padrón. |
Ter visto que ela compara a beleza de Galicia coa de Italia, fai mais de un século, éncheme o corazón aínda mais de respecto para ela, agradecemento, e fame sentir unha vez mais Galicia un pouquiño como se fora a miña terra.
Un detalle da casa. |
Iria Flavia. |
Síntome bastante próxima ao sentimento que empuxa Rosalía cando fala da súa terra:
"[...]unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares. Á poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doces sonrisiñas, mormuxando unhas veces cos ventos misteriosos dos bosques, brilando outras co raio de sol que cai sereniño por enriba das auguas dun río farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un esprito subrime e cristaíño, si así o podemos decir; unha inspiración fecunda como a vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra; e, sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, para dar a conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo raio de hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo [...]"
Aquí os deixo unha canción de Amancio Prada, coas palabras da poesía de Rosalía. Outro estilo, o sentimento romántico, lo cal quizais agora, que todos vamos de presa e que estamos gobernados pola globalización, o mercado libre, nos parece tan afastado da nosa maneira de vivir as cousas e as relacións co que temos arredor...
Nessun commento:
Posta un commento