mercoledì 24 agosto 2011

De cando Galicia chegou a Italia...

Por todas as veces que me fun a Galicia, como podía eu non achegarme á ela cando veniu por aquí? Foi ao Festival Celta de Montelago, no altiplano de Colfiorito (Taverne di Serravalle di Chienti, provincia de Macerata, Italia) o festival celta mais grande e importante de Italia.
Altoplano de Montelago
O palco do festival








Galicia levou a súa musica coa voz da gaita, dun saxo e do acordeón, mais a guitarra, o baixo, o ritmo da batería. Viñeron por aquí os músicos do quinteto Bellon-Maceiras, de Fene.
Bellon-Maceiras quinteto no festival de Montelago, Italia.

A min encántame a gaita (galega) e a musica tradicional galega, e sempre vou buscando a por ela. Oín falar de Daniel e Diego no programa de Pilar Rego na Galega, Alalá. "A gaita chega lonxe", din Daniel nun vídeo gravado en Moscova. O quinteto e, antes desa nova formación, o dúo, foron toucando por moitas partes no mundo. Eles dan unha voz nova aos instrumentos tradicionais, o estilo de musica que tocan pode chamarse como o seus novo disco, folkfusión. Escriben por si mesmos a musica de moitas pezas que tocan, outras pezas son da tradición galega e do mundo, personalizadas e revisadas de xeito novo.
"Son dos auténticos cracks da musica", di Pilar Rego, profesores e emprendedores de si mesmos, xunto cos outros compoñentes do grupo, dan clases de musica na escola que montaron xuntos en Fene, mais Daniel en Madrid tamén.

Escoitando a musica no concerto de Montelago, tiven a impresión, me perdoe Daniel si digo algo de no musicalmente correcto, ... que a gaita transformarase nun saxo, tocada dun xeito que nunca oín antes. El toca tamén o saxo si, pero falo de cando tocaba a gaita... unha gaita tocando non so a ritmos de muiñeiras mais de jazz, de fusión, nunha veste nova. Unha gaita de buxo co punteiro de granadillo, explicoume para que a afinación sexa mais precisa. Din que un gaiteiro pasa a metade da súa vida musical intentando afinar a gaita, e a outra metade tocando desafinado. Quizais iso pasaba mais un tempo. Agora hai obradoiros de artesáns gaiteiros que traballan moi ben e estudan sempre como mellorar e perfeccionar os elementos da gaita. Vin un punteiro de mas pezas tamén, para que se poda afinar aínda mellor, sen arranxando de continuo a palleta.

La gaita è una parente delle nostre zampogne, delle cornamuse scozzesi e irlandesi, della gaita asturiana, delle cornamuse francesi e delle gaite catalane, sanabresi, aragonesi, etc. In forme diverse e con caratteristiche leggermente diverse, è diffusa in molte parti del mondo, dai Paesi arabi, ai Paesi dell'est, all'Europa. E' costituita da vari elementi sonori come si vede dall'immagine sopra, ad ancia doppia il punteiro, con circa una nona d'estensione, ad ancia semplice il roncone, e in alcuni modelli è presente anche il ronquillo. Il "modello base" è costituito da punteiro e roncon, ma con la ronqueta il suono è più rotondo e pieno, completo.

Diego toca o acordeón, un acordeón cromático de botóns, e aquí sae un pouco de orgullo nacional, polo pouco de bo que aínda, cos produtos artesáns, resiste ala destrución da política e do mercado global na mina terra... é un acordeón  italiano!! Totalmente versátil co instrumento, tamén o foi falando ao publico italiano con palabras italianas e en galego, enganchando pouco a pouco, coa mestría da musica e a simpatía falando, o publico.

O acompañamento da guitarra, as vibracións do baixo, o ritmo da batería, permitiron unha fusión verdadeira de todos os instrumentos, para unha inmersión total na musica procedente de Galiza, e viaxeira polo mundo enteiro.

Foi unha gran emoción para mi encontrar cara a cara Daniel e Diego, escoitar todo o grupo dende o vivo, intercambiar unhas palabras con eles, levarme algo de Galicia para casa... o regalo do CD folkfusión, que nunca cánsome escoitar. A próxima vez, por Galicia? Espero...