Visualizzazione post con etichetta Costa da morte. Mostra tutti i post
Visualizzazione post con etichetta Costa da morte. Mostra tutti i post

domenica 16 ottobre 2011

Polo seo de Fisterra

Agardei bastante tempo escribir deste sitio, mais agora que os días xa pasan mais rápidos, e despois de ter recorrido ao longo e ao largo moitos recunchos, podo quizais permitirme contar o que visitei por aquí.

Non podo dicir que é o único sitio así por Galicia, porque non coñecín toda Galicia... aínda, mais do que coñecín ata agora, é sen dubida o lugar con mais concentración de preciosidades da Natureza que nunca vin.
Para situarnos... falamos da ría de Corcubión e do que é o seo de Fisterra, que atópanse na Costa da Morte:
Seo de Fisterra (IGN).

O ideal para desfrutar da zona, é ter uns días, un mapa, ou aínda mellor unha moi boa amistade, e deixarse levar polas ganas de descubrir.
Entre o mais coñecido, hai recunchos escondidos á maioría dos peregrinos, camiñantes, turistas que van de presa.

Empezando dende sur a norte, pola carreteira costeira, atopamos Carnota, co seu hórreo enorme, que din ser o máis grande de Galicia , a súa praia,

Praia de Carnota.
Horreo de Carnota.









e Boca do Rio, onde é moi perigoso bañarse cando baixa a marea polas moi fortes correntes do rio e do océano que atrasan ata alta mar. Boca do rio, ao atardecer, parece un lugar de soño, de outro mundo.


Porto de O Pindo.
O Pindo é un pequeno pobo de pescadores, con un porto que encántame. Detrás da igrexa, un pouco escondido, atopamos un dos roteiros que saen ao monte Pindo, bastante duro e empinado, con moitas rocas, mais encantador. Consellan non saír so, si hai néboa, si hai chuvia porque é moi fácil escorregarse nas pedras. Si se sae polo verán ao Pindo, consello levar moita auga (3 litros cada persoa).





Igrexa de O Pindo, onde detras atopase o comenzo do roteiro.
Comenzo do roteiro do Pindo.







 







Fervenza de Ezaro.
Outro acceso ao Pindo, lo temos dende O Fieiro. Podemos chegar dende Ézaro (sin non botar unha ollada á fermosa fervenza, única no mundo por ter que a auga doce do río Xallas caia directamente na auga salgada do océano) saíndo ata o encoro, pasando o ponte e seguir ata o aparcamento. Dende aquí, pódese chegar á Moa en dúas horas, e a ascensión é mais suave.


Roteiro para saír á Moa dende O Fieiro.
A Moa.













Dende a Moa, hai unha vista impresionante de todo o seo de Fisterra. O monte Pindo merece unha entrada a parte, así que mais detalles outra vez...
Vista do seo de Fisterra dende A Moa.

Ézaro tamén ten unha praia boisima, moi tranquila e protexida das correntes.

Seguindo pola carreteira da costa, pasamos por Ameixenda, poco antes de Brens. Aqui, baixando por un camiño ata o mar, podemos ver o Castelo do Principe. É unha pena que sexa propriedade particular e non pódese visitar por dentro. Din que un tempo había unha cadea tensa por debaixo das augas do océano entre isto castelo e o que queda de fronte ao outro lado da ría, o do Cardeal, para defender a ría dos ataques de barcos non desexados.
Castelo do Principe, Ameixenda.
Ameixenda.








Despois da vila de Cee, chegamos a Corcubión. Merece a pena perderse andando entre as rúas escondidas do pobo, os camiños estreitos entre os muros, as casas antigas de pedras, os paseos pola ria e polo monte.
Corcubión.
Polas rúas de Corcubión.












Ao saír de Corcubión en dirección Fisterra, hai que coller  á esquerda a carreteira do cemiterio, que nos levará, pasando polo castelo do Cardeal, ata Cabo Cee, onde podemos atopar o pequeno Faro, con vista ás illas Lobeiras (por la cales no verano hai posibilidade de ir en barco).

Castelo do Cardeal, co Pindo no fondo.
Faro cabo Cee.

Seguindo unha ruta circular, entre leves subidas e baixadas, chegamos á aldea de Redonda, co seus hórreos e a igrexa Románica
Hórreo en Redonda.
Millo no hórreo.

Igrexa de Redonda.











Collendo a pista asfaltada que sae á igrexa, á mano dereita, xusto despois da ultima finca, atopase un camiño que entra no bosque e nos conduce á Cabo da Nasa, onde hai que ter moito coidado con un acantilado a pico tremendo.Quizais é isto o que atráeme do océano de Galicia... a natureza ao estado puro, as rocas, o resgo, o carácter do océano... que pode estar quieto o volverse tremendamente bravo. Sinto grande respecto por esa natureza que permitiume entrar nela e ensinoume os recunchos mais humildes e espectaculares.

Cabo da Nasa.
Cabo da Nasa.




O monte Pindo dende cabo da Nasa, ao atardecer.




















Ore contemplando la immensa presenza dell'oceano, e mai stanca. Confidente di molti pensieri, compagno con cui ho condiviso tante esperienze, rifugio, mistero, avventura, spazi infiniti.
Non ho altre parole per esprimermi in italiano in queso post. Nella memoria, il suono delle onde sugli scogli, i gabbiani, i silenzi e le parole condivise con chi mi ha accompagnato, con chi ha saputo cogliere il momento.

"No es la última ola con su salado peso
la que tritura costas y produce
la paz de arena que rodea el mundo:
es el central volumen de la fuerza,
la potencia extendida de las aguas,
la inmóvil soledad llena de vidas.
Tiempo, tal vez, o copa acumulada
de todo movimiento, unidad pura
que no selló la muerte, verde víscera
de la totalidad abrasadora."
(Pablo Neruda, dende "El gran Oceano")

E il viaggio, finisce, anche questa volta, a Finisterre:
Fin do Camiño, Fisterre.


sabato 30 luglio 2011

Dende a terra dos xigantes... ao museo a ceo aberto.

Non planeo demasiado cando saio de viaxe, sobre todo si é andando, e soa. Nunca se pode saber o que  se vai encontrando. E todo así é unha descuberta e unha marabilla. Ao saír para empeza-la  viaxe pola costa da morte, so tiña clara dúas cousas: a primeira era "visitar a Man" en Camelle, a través do que queda da súa obra, e a segunda era pasar por Corcubión a atopar un amigo, uns amigos, mais disto falarei noutra entrada...
Igrexia de S. Maria de Atalaia, Laxe.
Laxe é un pobo mariñeiro.










Deixei Laxe, a súa fermosa praia de arena branca e fina, o seu porto mariñeiro, pola mañá cediño, en dirección á capela da Virxe do Carme, subindo.
Capela da Virxe do Carme, arriba polo monte, abaixo da lua, Laxe.
Facía frío, co vento e ceo anubrado. Acórdome que agradecín iso, porque gústame mais andar co frescor, e sobre todo si estou cansa. O vento é un alivio, o vento afasta de nos cousas vellas e leva cousas novas; o vento é forza, impulsividade, perseveranza e chega á calquera lugar, aínda lonxe. O vento déixate desexar e apreciar un lugar seguro onde parar e buscar repouso.

Horreo, camino de Laxe a Camelle.
Soa co vento.
  "Wind in my hair, I feel part of everywhere
underneath my being is a road that disappeared
late at night I hear the trees
they're singing with the dead
overhead..." 
Garanteed, Eddie Weber,  
BSO Hacia rutas selvajes



Agradeceu tanto, que mandáronme aínda a chuvia a refrescarme :), chegada á praia de Traba.
Seguindo polo camiño, chegase á lagoa de Mórdomo, onde me din conta e acórdome que pensei que se nos queixamos porque "chovía de carallo", hai seriños que cantan pola felicidade de estar no húmido, as ras. 
Praia de Traba.










Seguindo "singing in the rain", cheguei á un sitio incrible, que renomeei a terra dos xigantes: pedras, que digo pedras, megálitos enormes por todas partes, so roca, ni un fío de herba, e de cores inusitadas, rosa. Non se coñecía a presencia do home, se non fora polos sucos no granito polos carros que por anos transportaron as algas, o feo oceánico utilizado, antes de ser comido como se fai agora que se coñecen as propiedades, por enriquecer o terreo das hortas da xente que vivía preto do océano.




Le alghe dell'oceano atlantico delle coste della Galizia sono ricchissime di tante proprietà. Contengono iodio, sali minerali, vitamine del gruppo B, proteine, sono un ottimo alimento integratore di proteine per chi è vegetariano, e a parte l'essicazione, non subiscono nessun altro tipo di trattamento, non contengono conservanti, hanno proprietà antiossidanti.

Arrivata qui, ho pensato a Man, e a quello che avevo visto di lui, delle sue sculture con le pietre, alla sua storia. Man, Manfred, era un uomo che durante un viaggio si è talmente innamorato della purezza dei paesaggi della Galizia e della costa della morte, che ha deciso di fermarsi lì. Ha vissuto in essenzialità, distaccato dalle cose del mondo, cosciente di essere parte di un tutto, riconoscendo le bellezze della natura e le vere gioie della vita, comunicando attraverso le sue costruzioni di pietra, rimanendo nei cuori di quanti lo hanno conosciuto. La gente di Camelle lo ama e lo ricorda con affetto. Morì pochi giorni dopo che il petrolio riversato dal Prestige arrivò alla sua Camelle, si dice per l'immenso dispiacere causatogli da questo disastro ecologico immane.
Man deixo a pegada do seu corpo no cemento do molo.
Escriben de Man e de seu museo os amigos de Galinus e Que pasa na Costa, falando dos espectaculares recunchos da costa da morte. E' unha pena que o concello de Camelle e ninguén se ocupe de protexer estas obras de arte, estragadas cada día mais polo océano. Aquí vos pono unhas fotos miñas do museo a ceo aberto:
A casita de Man e parte das súas obras.


Todo esta moi preto do océano, e das súas olas.


Falando coas palilleiras de Camelle, as señoras que se encontran cada tardes preto do Museo coas fotos e pinturas sobre Man, dinme conta de que foi amado pola xente, aínda que a alguén lle parecía un pouco raro. Cando estaremos capaces de mirar máis alá das aparencias? De mirar non só cos ollos?






Le palilleiras sono le signore che ricamano con i palillos, i paletti, un tipo di ricamo che in Galizia, per la costa della morte, è tipico, e si chiama encaxe (il nostro tombolo). Sono di una abilità impressionante!! Veloci, precise, e simpaticissime. Inserisco qui un video che col loro permesso ho registrato.

A alegría, o sentido da comunidade e de axudarse entre as persoas, é algo que esta en resgo de extinción. Hai que aprender moito das aboas...

lunedì 18 luglio 2011

Malpica-Beo- Barizo- Punta Nariga

Beo-Barizo-Punta Nariga mapa.














Dal sito dell'Instituto Geografico Nacional si possono scaricare, ad uso turistico e personale, previa iscrizione, queste bellissime e dettagliatissime mappe, per tutta Spagna.
Il mio cammino per la costa della morte è iniziato da Malpica, e il primo giorno sono arrivata fino a Barizo, ai piedi di Punta Nariga.

O que sempre sorpréndeme da xente da Galicia, é a súa xenerosidade e amabilidade. Non sei, ou eu fun sempre moi afortunada, ou os galegos son todos así.

En Malpica, me fun como primeira cosa ao concello (Comune) para preguntar informacións sobre o recorrido da chamada e suposta "Ruta da costa da morte" e, aínda non exista ningunha guía, explicáronme todo o que sabían a voz, entregándome tamén uns folletos turísticos con números de interese.

Antes de empezar a andar, parei nun bar na praia maior de Malpica, a "recargar as pilas" cun café con leite, e o barista regaloume dúas magdalenas pola viaxe. De camiño, pasei por Beo, que ademais de ser unha aldea con encanto, ten una praia moi tranquila, ben reparada da forza do océano, de arena fina, e equipada con area de descanso.
Praia de Beo, con frecha azul indicadora da ruta da costa da morte.
Beo, hórreo.
Como saín moi tarde, a medio día, cheguei só ata Barizo, onde encontrei e me aloxei na casa turística  Casa da Vasca, de Beni e Mary. De camiño, unha señora chamoume dende o seu xardín e preguntoume se por a caso non quería un xeado... fose Hortensia, un amable aboa. Sentada con ela no seu xardín, charlamos un pouco de Italia, que a encanta, e de Galicia, que encántame a min. Ofreceume de quedar na súa casa, mais como xa reservara a La Casa Vasca, tiven que rexeitar.

Foi bo así, porque o pasei moi ben con Mari e Beni. Inútil dicir como son... super amables, e a estanza alí foi unha marabilla, como en familia. É verdade, é así... non estou a resaltar, de verdade unha marabilla de xente. Mari esta implicada nun proxecto de axuda por Nicaragua, en memoria dunha amiga que faleceu, montaron unha ONG e comprométese en organizar actividades para recoller diñeiro e envialo a Nicaragua para dar de que comer a mais de 400 persoas. Allì comprei dúas pulseiras de coiro que venden para Nicaragua, un regalo con sentido. Entre unha charla e a outra, invitoume a unha coca cola e un café con leite, sen falar de que me deu todo o necesario para lavar a miña roupa a man. Beni explicoume moi ben o percorrido que facer o día seguinte por pasar mais pegada á costa posible, ese home coñece todo palmo a palmo. Levoume ata Punta Nariga onde hai un faro excepcional, esta construído en forma de barco con bloques de granito, e venceu tamén un premio de arquitectura. 
O faro de punta Nariga.
Percebeira.

Eu cando vexo xente, no resisto á tentación de falar un rato e preguntar, e aquí aos pes dos faro, encontrei unha muller percebeira, creo a primeira muller percebeira que nunca vin. Fan un traballo moi arriesgado, para dar de comer algo de luxo, e me pregunto se merece a pena, si é xusto que persoas teñan, por necesidade, que poñer en peligro as súas vida, para algo que, anque riquisimo, no tempos no que vivimos, non é indispensable para o noso sustentamento.

Percebeiros.
De punta Nariga, empecei a baixar ata coller á dereita o segundo camiño... que tería tido que seguir á esquerda, mais esquecéndoseme as precisas explicacións de Beni, rematei onde non tenia que ir... por un camiño de pescadores moi moi estreito, sobre acantilados... ben, estou aínda aquí a contar, entón foime ben.

Esculturas naturais nas rochas.
Con tanta fermosura que esta costa ten, non debería chegar alguén de afora para proxectar una ruta polas beiras do océano, debería, como é patrimonio da xente que por aquí vive, nacer no sei da Costa da Morte. Eu, estranxeira (o galega adoptada...), que veño de fora, atopei xente, particulares, moi competente no coñecemento dos sendeiros e do territorio, que sabe mais de calquera entidade o andarín que se profesa experto. Animarvos por favor!!